As vacinas do CSIC

Todo parece indicar que a partir do ano próximo haberá dúas novas incorporacións con bastantes garantías no panorama da vacinación contra a COVID-19: as investigacións do CSIC dan os seus froitos, ainda que tarden un pouquiño mais, e parece que o futuro se ve prometedor.

Deixo por aquí, clicando nos nomes, os enlaces de aceso ás entrevistas completas, onde hai mais información sobre a vacina do grupo de Luis Enjuanes: intranasal, esterilizante, feita por manipulación xenética do propio virus SARS-Cov2 , e da do grupo de Mariano Estéban e Juan García Arriaza: a partir do virus vaccinia , con unha molécula de ADN onde tamén se incrusta un fragmento para producir a proteína S do coronavirus.